top of page

Gran nivel na proba de Enganches de Equina 2024, que será do 26 ao 28 de xullo en Silleda

A competición, puntuable para os campionatos de Galicia e España, contará cunha decena de participantes en tres modalidades


Laura Moure/Silleda

O evento ecuestre Equina Galicia 2024, o cal se celebrará do 26 ao 28 de xullo no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda baixo a organización da Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (ACCEGA), acollerá na súa última xornada a cuarta proba das seis que compoñen o Campionato Galego de Enganches.

Esta competición, tamén puntuable para o Campionato de España ademais do galego, contará con tres modalidades, Limonera e Tronco, ambas consistentes en carruaxes de

catro rodas pero cun cabalo no primeiro caso e con dous no segundo, e tamén Ponis,

orientada a nenos e cunha carruaxe tirada por un poni.


Nesta ocasión a proba contará cun gran nivel. Así, entre a súa decena de participantes procedentes de distintos puntos de Galicia figurará o campión de España de Enganches en Limonera Individual, Carlos Castiñeira, e tamén os subcampións en Limonera e Tronco por Equipos, Carlos Otero e José Manuel Suárez, que compartiron estes títulos tamén con Carlos Castiñeira. Ademais, competirán en Ponis un neno e unha nena de 10 e 11 anos que se perfilan xa como novas promesas desta disciplina hípica.


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Por outra banda, destaca que nesta proba participarán tres das catro mulleres que

compiten en Galicia como groom, é dicir, auxiliar do cocheiro. A proba estará conformada nas súas tres modalidades por dúas saídas a pista dos participantes, os cales recibirán a súa puntuación en función da media desas dúas voltas. Será un espectáculo trepidante e moi vistoso nunha competición na que colaboran o Club de Enganches de Galicia, a Federación Hípica Galega e ACCEGA, e na que os participantes realizan un gran esforzo para acudir, xa que o transporte dos enganches e o material complementario é complexo e custoso.


Cinco competicións máis

Esta proba de enganches súmase a outras cinco destacadas competicións, o X Campionato de España Pura Raza Española-ANCCE de Galicia, proba morfofuncional

que é o eixo central desta cita ecuestre; o VI Trofeo Xunta de Galicia-Medio Rural de Doma Clásica; a XXVI Copa Accega e o Territorial tamén de Doma Clásica e o Campionato de España de Equitación de Traballo.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page