top of page

Gran acollida de 'Reino da Extinción' en Cruces coprotagonizada pola actriz veciña Carmen Facorro

Foto del escritor: Laura Moure / IsmaelRSLaura Moure / IsmaelRS

Laura Moure/IsmaelRS/Vila de Cruces

O Auditorio Municipal Xosé Casal de Vila de Cruces case se encheu este domingo para desfrutar da obra de teatro Reino da Extinción, de Amorodio Teatro. A actriz e veciña de Vila de Cruces Carmen Facorro coprotagonizou esta peza xunto a outros tres compañeiros e recibiron toda a calor e apoio dun público moi entregado. Tamén asistiu o alcalde do municipio, Luis Taboada, ou o concelleiro de Cultura, Julio López, entre outros.


Amorodio é unha compañía emerxente galega composta por Alba Nogueira, Carmen Facorro, Javier Castiñeira e Raquel Velasco. Estas catro intérpretes unen os seus camiños na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, onde as inquedanzas sociais da súa xeración as levan a conformar esta sinerxia teatral.


Reino da Extinción é unha comedia que conta a historia de Galicia a través de catro personaxes de diferentes épocas. Con esta peza, reflexionan sobre o concepto de identidade galega.


Podedes obter máis información da compañía e da obra no seguinte enlace:

A obra de teatro este domingo en Vila de Cruces.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page