Gran éxito do Mercamelide de Inverno
- ecosdacomarca

- 24 feb
- 1 min de lectura
O concelleiro de Comercio de Melide, Xosé Igrexas, salienta a elevada afluencia rexistrada ao longo das dúas xornadas
Ecos da Comarca/Melide

O Goberno local do Concello de Melide valora o tirón do Mercamelide de Inverno. O concelleiro de Comercio, Xosé Igrexas, fai un bo balance desta cita celebrada esta fin de semana no Pazo de Congresos coa participación de preto de 30 establecementos locais, e salienta a elevada afluencia rexistrada ao longo das dúas xornadas. "En termos xerais a valoración é moi positiva, xa que houbo unha boa participación durante toda a fin de semana", sinala.
Publicidade
Durante a cita, organizada por Asetem en colaboración co Concello, os comercios participantes puxeron á venda produtos de sectores moi variados. Ademais, sorteáronse seis vales de compra por un importe total de 1.500 euros entre as persoas que realizaron compras, que deberán empregarse antes do 30 de marzo nos propios establecementos adheridos.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Igrexas destaca tamén que "este tipo de iniciativas son importantes porque dinamizan a vila e serven para apoiar o comercio local", e lembra o compromiso municipal co sector ao afirmar que "levamos todos estes anos colaborando coa asociación de comerciantes porque Melide ten unha fonda tradición comercial e neste tempo necesítase máis que nunca ese apoio e esa promoción do comercio".







Comentarios