Gran éxito da Masterclass de Zumba Solidaria no Pino en apoio á ACEM
- ecosdacomarca

- 23 feb
- 1 Min. de lectura
A recadación doarase integramente a programas de atención e apoio ás persoas afectadas por Esclerose Múltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades neurolóxicas
Ecos da Comarca/O Pino
O Polideportivo Municipal de Lameiro (O Pino) acolleu este sábado 22 de febreiro unha Masterclass de Zumba Solidaria que reuniu a veciños e veciñas do Pino e da comarca nun evento marcado pola música, o exercicio e a solidariedade. A actividade tiña como obxectivo recadar fondos para a ACEM - Asociación Compostelá de EscleroseMúltiple, Párkinson, ELA e outras enfermidades neurolóxicas.

Durante a sesión, os participantes desfrutaron dunha clase impartida por monitores especializados, convertendo a tarde nunha auténtica festa deportiva. O evento, enmarcado dentro das celebracións do Entroido, contou tamén cun toque festivo, xa que
algúns dos asistentes acudiron disfrazados, engadindo cor e diversión á xornada.
Grazas á elevada participación, conseguiuse unha importante recadación a través das
entradas solidarias, cun custo de 5 euros por persoa, que será destinada integramente á
ACEM para apoiar os seus programas de atención e apoio ás persoas afectadas por estas
enfermidades.
O alcalde do Pino, Manuel Taboada, agradeceu persoalmente a implicación de todas as
persoas asistentes, así como a colaboración da ACEM e dos monitores que fixeron posible
esta actividade. Cando acabou a actividade, o grupo puido degustar unhas saborosas filloas con roxóns que o concelleiro José Fuentes axudou tamén a elaborar.







Comentarios