top of page
Foto del escritorecosdacomarca

González Casares subliña en Silleda que "só o PSOE garante en Europa o compromiso cunha transición enerxética xusta"

Nunha visita á Rede de Calor valora a necesidade de facer fronte aos negacionismos climáticos da dereita e seguir impulsando proxectos de desenvolvemento sostible

Ecos da Comarca/Silleda

O candidato ao Parlamento Europeo, o lalinense Nicolás González Casares, incidiu este luns en que "só a papeleta socialista nas próximas eleccións europeas garante que Galicia e Europa sigan avanzando cara o desenvolvemento sostible e a transición enerxética xusta para todos os cidadáns". Nunha visita á rede de calor de Silleda na compaña da alcaldesa e deputada no Congreso, Paula Fernández, González Casares fixo fincapé na necesidade de seguir impulsando novos modelo de produción, consumo e almacenamento de enerxía máis limpos e sostibles, co fin de alcanzar a autonomía enerxética do noso país e da Unión Europea.

O candidato ao Parlamento Europeo puxo a rede de calor de Silleda como exemplo pioneiro en Galicia de aposta por un proxecto enerxético público, transformador e respectuoso co medio ambiente, motivo polo que contou co apoio decidido do Goberno de España cunha axuda do ministerio que dirixe a cabeza de lista do PSOE ás europeas, Teresa Ribera, por máis de 156.000 euros.


Publicidade

“Este é o modelo no que cremos os socialistas, fronte a ameaza do negacionismo climático da extrema dereita e a ambigüidade do PP, precisamos políticas que promovan o desenvolvemento sostible e teñan en conta os límites do noso planeta”, afirmou Casares.


Publicidade

O candidato socialista lembrou nesta liña que o Pacto Verde Europeo acordado na última lexislatura estableceu compromisos sen precedentes para alcanzar unha Europa máis verde e máis xusta para as futuras xeracións “e este é o camiño que temos que seguir, un camiño que tamén emprendeu Silleda da man dun goberno socialista”.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page