González Casares defende a importancia de apostar "por unha Europa a prol dos interereses do sector agrogandeiro galego"
- ecosdacomarca

- 5 jun 2024
- 2 Min. de lectura
Nunha visita Trasdeza Natur sinalou que “os agricultores e gandeiros de Galicia ofrecen un servizo ambiental que debe ser recoñecido nas políticas agrarias europeas”
Ecos da Comarca/Silleda
O candidato ao Parlamento Europeo, o lalinense Nicolás González Casares, subliñou a importancia histórica das próximas eleccións europeas para o sector agrogandeiro galego e reclamou que apostar por “máis Europa” votando ao Partido Socialista como única opción que garante que se continúen impulsando políticas útiles de apoio ao sector primario. Nunha visita á explotación ecolóxica hortícola, Trasdeza Natur, situada na
parroquia de Cortegada (Silleda), e acompañado da alcaldesa deste concello, Paula Fernández, Casares destacou que a nova Política Agraria Común (PAC) deixará cifras de apoio económico históricas ás explotacións agrarias sostibles de Galicia.

Son 206.000.000€ os que chegarán a uns 23.000 produtores galegos a través das axudas directas da PAC 2023-2024. O candidato puxo a Trasdeza Natur como exemplo de iniciativa agraria sostible, merecente de fondos europeos do Plan de Recuperación para o impulso de novos proxectos de desenvolvemento agrario e sinalou que “os agricultores e gandeiros de Galicia ofrecen un servizo ambiental que debe ser recoñecido nas políticas agrarias europeas”.
Publicidade
Fixo fincapé en que “o esforzo de adaptación que ten o sector agroalimentario ás esixencias normativas débese reforzar con investimento que permita facer fronte a desafíos como o cambio climático, ao tempo que debe recoñecer o servizo ambiental que ofrecen agricultores e gandeiros, cuestión que seguiremos defendendo os socialistas en Bruxelas”.
Publicidade
Casares incidiu en que eleccións europeas “teñen unha importancia capital para o rural galego”, pois as decisións que se tomen en Bruxelas durante o vindeiro mandato van incidir de maneira directa no sector agrogandeiro. Entre outras cuestións, o novo Europarlamento definirá a PAC post 2027 na que se “deberá garantir o financiamento xusto para as pequenas explotacións familiares de Galicia”, concluiu.








Comentarios