top of page
Foto del escritorLaura Moure

González Casares: "A EDUSI supuxo un antes e un despois no desenvolvemento urbano sostible e integrado de Lalín"

O eurodeputado participou, vía online, na xornada técnica 'Axenda Urbana de Lalín'


Laura Moure/Lalín

Este kuns o eurodeputado lalinense Nicolás González Casares comezaba a súa intervención na xornada técnica 'Axenda Urbana de Lalín' lembrando como a estratexia DUSI (Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado) Lalín Ssuma 21, posta en marcha durante o seu período como tenente de alcalde e concelleiro de Benestar Social da capital dezá, supuxo un antes e un despois no "desenvolvemento urbano sostible e integrado" e, polo tanto, un cambio de paradigma. O plan xunto á formación especializada que recibiron os e as traballadoras do Concello para levalo a cabo, posibilitou a recuperación daqueles "lugares senlleiros de Lalín" como son as áreas de interese cultural e patrimonial de Lalín de Arriba e Donramiro, así como a zona do Manuel Rivero, na que se atopa o edifico polivalente que acolleu este encontro.

"A EDUSI foi un paso transformador e debe selo máis agora coa Axenda Urbana, na que as obras e as actividades deben estar aliñadas coas políticas europeas", apuntou Casares, que tivo que intervir vía online desde Estrasburgo dados os compromisos parlamentarios. O socialista puxo enriba da mesa a importancia que teñen os fondos europeos para avanzar naqueles proxectos que, doutro xeito, só con fondos propios, serían imposible de realizar. Neste "documento vivo" que é a Axenda Urbana, ve unha grande oportunidade para "enganchar a Lalín á transición ecolóxica", tanto nas súas zonas urbanas como rurais, nas que urxe mellorar as conexións de transporte.

 

O europarlamentario convidou aos representantes municipais presentes a incorporar os criterios da Nova Bauhaus Europea, un proxecto deseñado para promover a importancia da arquitectura na mellora da calidade de vida en comunidades urbanas e rurais centrándose na calidade e na "cultura da contorna construída", nas iniciativas que se poñan en marcha no marco da Axenda Urbana, podendo presentalas, posteriormente, aos Premios da Nova Bauhaus Europea.

 

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Como relator para a Reforma del Mercado Eléctrico europeo, puxo o foco na "oportunidade industrial" que representan as enerxías renovables para o "PIB galego do presente e do futuro" e avogou porque a súa implantación supoña un impacto positivo para a poboación. Puxo como exemplo o caso do parque eólico que destina unha parte dos megavatios producidos ás empresas do municipio ou que unha porcentaxe dos ingresos que xere vaian destinados a co-financiación europea de proxectos, aliviando a carga da tesourería municipal.

O Concello de Lalín foi seleccionado no 2021 como proxecto piloto do plan de acción local da Axenda Urbana Española. A xornada contou coa participación de José Crespo, alcalde de Lalín; Mª Paz Pérez, concelleira de Xestión de Fondos Europeos e Axenda Urbana; Rafael Cuíña, coordinador de Compromiso por Lalín e membro da Comisión de Seguimento da Axenda Urbana Local; María Ramallo, deputada provincial de Fondos Europeos; Sonia Hernández, subdirectora xeral de Mobilidade e Axenda Urbana do Ministerio de Transportes; María Luisa Presas, arquitecta e responsable da Axenda Urbana de Lalín; Eva López, divulgadora medioambiental, e o alumnado de varios centros de ensino lalinenses.


María Ramallo

Pola súa banda, a deputada provincial de Fondos Europeos, Innovación e Axenda Dixital, María Ramallo, afondou no traballo que está a liderar a institución provincial para impulsar e desenvolver a AUPO, “un proxecto de todos, con todos e para todos; un proxecto compartido, no que se está a implicar toda a cidadanía para que esta provincia vaia a máis, avance e se converta nun lugar de oportunidades, sostible, resiliente, inclusivo e seguro”. Deste xeito, e para construír “unha provincia adaptada aos grandes retos e desafíos do presente e do futuro”, a deputada remarcou o carácter participativo na toma de decisións, “partindo dunha visión estratéxica e compartindo o coñecemento conxunto”.


Ramallo destacou que o obxectivo da AUPO é “mellorar a calidade de vida das contornas urbanas e rurais, prestándolles especial atención aos desafíos do reto demográfico para cumprir así o noso compromiso co equilibrio territorial”. Asegurou que a AUPO porá o foco nos concellos e, en particular, nos de menos de 20.000 habitantes e recordou iniciativas xa desenvolvidas no marco deste proxecto, coma as mesas comarcais ―unha delas realizada en Lalín coa presenza do presidente Luis López―, entrevistas a pé de rúa, enquisas en liña ou cursos, así como tamén adiantou algunha das iniciativas nas que xa a está a traballar o Goberno provincial, coma concursos dirixidos a centros educativos ou andainas.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page