top of page

Goberno e comunidades, agás Madrid, votaron a favor do peche perimentral por San Xosé e Semana Santa

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O horario máximo do toque de queda, que poderán elixir os gobernos autonómicos, será ás 23 horas

Operación saída de Semana Santa no 2018. Foto: DGT


Laura Moure

O Ministerio de Sanidade e as Comunidades Autónomas decidiron este mércores, co voto en contra da Comunidade de Madrid, aprobar o documento común de medidas para Semana Santa e a ponte de San Xosé, que inclúe, entre outras cuestións, o peche perimetral das autonomías entre o 17 e o 21 de marzo naqueles territorios nos que sexa festivo o día 19 de marzo pola ponte de San Xosé (Comunidade Valenciana, Extremadura, Galicia, Rexión de Murcia, Navarra, País Vasco e Madrid) e desde o 26 de marzo ao 9 de abril pola Semana Santa.


Galicia apoiou a esta decisión do peche perimetral para estas datas. As medidas recolleranse nunha orde ministerial publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE) e será de obrigado cumprimento para todas as comunicades agás para Canarias e Baleares, onde quedará limitada a entrada aos supostos establecidos no estado de alarma que rexe ata maio.


Toque de queda

O Consello Interterritorial acordou adiantar o horario máximo ás 23.00 horas, polo que as autonomías terán a oportunidade de establecelo ás 22.00 horas ou ben ás 23.00 horas, pero nunca máis tarde. E será ata ás 6:00 horas.


Reunións sociais

E as reunións sociais limitaranse a un máximo de catro persoas en espazos públicos pechados, a seis en sitios abertos, e as reunións limitaranse a conviventes en espazos privados.


As comunidades poderán tomar outras decisións

As Comunidades Autónomas poderán seguir mantendo medidas máis restritivas nestas datas, como adiantar o toque de queda ata as 22.00 horas ou, no caso de que o prefiran, ampliar o peche perimetral a nivel provincial ou municipal.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page