Ginés Correguela, o agricultor andaluz que arrasa nas redes sociais fai un dos seus retos en Melide
- Laura Moure / IsmaelRS
- 7 nov 2022
- 1 Min. de lectura
Elabora un dos seus bocadillos de récord con polbo á feira
Laura Moure/IsmaelRS/Melide

Ginés Correguela é un agricultor que arrasa nas redes sociais. Este home de Úbeda (Jaén)
converteuse nun auténtico influencer polos seus bocadillos de tamaño XXL que prepara cada día para comer durante as súas labores no campo. Este domingo este andaluz estivo por Melide e fixo un destes bocadillos de récord no que non faltou o produto estrela da localidade, o polbo.
Ten frases tan míticas como Que empape, que empape! polo aceite que lle bota ao bocadillo; el fai os bocatas de 'Pan Bachata" e con queixo de "pegatina" e sempre pronuncia Corta, corta cando está rematando o vídeo.
E esta última muletilla tamén a usou ao final do seu vídeo en Melide. No que como xa dixemos liñas máis arriba o polbo foi o produto empregado para este enorme bocadillo acompañado como non!... de aceite de oliva.
E de onde sería o polbo?
PODES VER O VÍDEO NO SEGUINTE ENLACE:
Comments