top of page

Gbriek: un mozo lalinense que triunfa no mundo da música electrónica europea

26 mar 2022
1 min de lectura

Laura Moure/Lalín

Un mozo lalinense está triunfando no mundo da música electrónica europea. A compañía británica Alveda Music acaba de producir o seu tema The Rave e que xa está á venta desde o día 7 deste mes de marzo. Gabriel Rodríguez Iglesias, "Gbriek" é un mozo lalinense de 25 anos, de orixe venezolana e ascendencia galega, que comezou a súa carreira musical hai apenas dous anos.

Actualmente compaxina a súa actividade como productor musical, que desenvolve no seu estudio en Lalín, onde reside desde hai tres anos, cos estudos de Musical Production & Professional Dj no Instituto Galego de Música Avanzada (IGMA) en Vigo, grazas a unha bolsa de estudos do Concello de Lalín.

Gbriek produce música electrónica do xénero EDM e xa conseguiu que a súa aposta tivese éxito e que tres dos seus temas fosen producidos por compañías discográficas como Denar Records (México), Alveda Records (Reino Unido) e Red Eclipse Recordings (Alemaña). A súa nova canción The Rave ten toda a forza da fusión de xéneros como Techno, Big Room e Future Rave. Unha canción chea de enerxía e emocións que te transporta aos grandes festivais de música electrónica. Unha canción que invita a bailar desde a primeira nota e que consegue envolverte nas fortes sensacións do EDM.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page