O Concello acaba de concederlle a autorización e as obras, que comezarán nas vindeiras semanas,contan cunha inversión duns 400.000 euros
Laura Moure/Palas de Rei
O Concello de Palas de Rei vén de conceder autorización para a instalación dunha planta de depuración á fábrica que o grupo empresarial García Baquero posee no concello ulloano. O Grupo, que conta xa con todos os permisos necesarios para a súa construción, prevé comenzar a executar as obras nas vindeiras semanas, nos terreos adquiridos pola láctea manchega no parque empresarial de Palas de Rei. Estas obras, supoñen unha inversión de preto de 400.000 euros e significarán unha importante mellora no proceso de fabricación da factoría en Palas de Rei, tal e como subliña o Concello.
O alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, amosou a súa satisfación por esta “importante mellora nos procesos de produción que permitirán á láctea palense converterse nun referente na fabricación, xa non só de queixo Arzúa-Ulloa senón de todo o sector”.
Recentemente, en outubro de 2021, O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (Mapa) concedía os premios “Alimentos de España; Mellores Queixos, ano 2021”, onde dentro das cinco modalidades convocadas (vaca, ovella, cabra, mezcla e queixo azul) a queixería de Palas de Rei, Pok Quesera, impúxose, na categoría de queixo maduro de vaca, co seu produto elaborado na factoría Castillo de Pambre, asentada no Polígono Empresarial de Palas de Rei e pertencente o Grupo Empresarial García Baquero.
Esta factoría ten, actualmente, no parque empresarial de Palas de Rei, unha parcela de máis de 6.000 metros cadrados, cunha nave industrial de máis de 2.500 metros cadrados, adicados a fabricación de queixo coa denominación de orixe Arzúa- Ulloa que o exporta a multitude de países, baixo a marca Castillo de Pambre. Isto tamén contribúe á xeración de emprego na zona.
Comments