top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Gandeiros da zona lamentan que non tiveron resposta de Medio Rural para abordar a súa situación que "é insostible"

Ecos da Comarca/Deza

O pasado 16 de febreiro, tal e como publicamos, 12 gandeiros do sector da carne e do sector do leite que representan a un grupo de gandeiros que se xuntaron dende Ribadeo, Lugo, Corgo, Lugo, Silleda, Lalín, Forcarei, Dodro, Baixo Miño, cun grupo organizado en Portugal, e un grupo en contacto coa parte de Asturias... achegáronse a Delegación do Goberno na Coruña, para ter unha reunión co Delegado do Goberno baixo o paraguas de Unións Agrarias e o Sindicato Labrego que despois convidou á asociación Asaga. Despois contactaron coa Consellería de Medio Rural, pero denuncian que a día de hoxe aínda non recibiron ningunha resposta ao respecto.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

"Na reunión mantida co delegado do Goberno en Galicia o día 16 en Coruña, trasladámoslle as nosas achegas, como a eliminación do BCAM 10, xa que é unha lei que vén interposta dende Madrid, a cal nada ten que ver nin coas comunidades autónomas (Galicia neste caso) como Europa que obriga a un incremento económico ás explotacións galegas dunha magnitude inasumible, e sendo dunha insistirá sin precedentes, xa que os datos establecidos pola Unión Europea determinan que Galicia está realizando ben a súa tarefa", sinala o gandeiro de Vila de Cruces, Adrián Riádigos. "Incluso dende o sector iriamos máis alá, e realizando unha boa xestión do xuro porcino. Non sería preciso que o Nitrato siga incrementado as tasas de mercado, que indican que se está a a aumentar a venta de Nitrato que é un claro indicador que o sector vacún está sin aporte nutricional suficiente. E sendo un material moitísimo máis beneficioso para o medioambiente con respecto do Nitrato".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Riádigos sinala que o venres día 22 de febreiro lle trasladaron unha petición á Consellería de Medio Rural "coa premisa de ter unha reunión para trasladar o noso malestar e amosar os problemas que dende a Xunta de Galicia si se poden subsanar xa que é a máxima autoridade e dispón das competencias na materia". "Vimos ollando que tras un periodo de 15 días para un comunicado formal realízase caso omiso a nosa petición. O cal nos fai pensar que todo e canto se dixo en campaña electoral, incluso na entrevista do señor Balseiro en Campo Galego, queda todo en mera propaganda electoral para o momento, xa que seguen a pechar compañeiras e compañeiros por mor dunha situación insostible".



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page