top of page

Galiza Nova presenta a XXV Xornadas de Formación de Inverno que serán en Arzúa no mes de febreiro

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Combinan formación política, debate, convivio e actividades para coñecer a comarca e a súa realidade


Laura Moure/Arzúa

A Secretaria Xeral de Galiza Nova, Marta Gómez, e o Responsábel Nacional de Formación e deputado do BNG, Iago Suárez, presentaron este martes a vixésimo quinta edición das Xornadas de Formación de Inverno, que terán lugar os días 15 e 16 de febreiro en Arzúa. No acto tamén participaron Iria Carreira, deputada do BNG e responsábel comarcal na Montaña; Alba Regueiro, responsábel comarcal de Galiza Nova na Montaña; e Lucía López, responsábel nacional de organización do BNG e portavoz municipal de Arzúa.

O programa destas xornadas combina formación política, debate, convivio e actividades para coñecer a comarca e a súa realidade. Segundo Iago Suárez, “falaremos dos grandes desafíos ambientais que afronta Galiza, da importancia de mellorar as nosas capacidades técnicas de debate e argumentación política e, ademais, exploraremos o territorio visitando o concello de Arzúa e o concello de Santiso, gobernado polo BNG”. Suárez destacou que tamén se levará a cabo unha acción de protesta contra a instalación da macrocelulosa de Altri, advertindo que “de instalarse, suporía un impacto devastador no territorio”.


Pola súa banda, a Secretaria Xeral da organización xuvenil, Marta Gómez subliñou o valor destas xornadas como punto de partida do novo ano para a organización: “Tras un decembro de descanso e planificación, comezamos 2025 con forza. Estas xornadas son unha oportunidade única para aprender, debater e compartir experiencias entre mozas e mozos de todo o país”. Gómez engadiu que están abertas a calquera persoa de entre 15 e 30 anos, mesmo sen experiencia previa en política: “Sempre hai unha primeira vez para tomar partido”.

Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

As actividades contarán coa participación de figuras destacadas, como Froilán Pallín, Secretario Xeral de ADEGA, ademais das xa mencionadas Lucía López e Iria Carreira. Marta Gómez tamén insistiu na importancia de coñecer o contexto local: “Queremos

comprender mellor a realidade dos lugares que nos acollen, identificar os seus problemas e visibilizar ameazas como a da macrocelulosa de Altri, que non só afecta a esta zona, senón a moitas vilas do país”.


Desde Galiza Nova animan á mocidade galega a inscribirse a través dun formulario en liña ou contactando coa organización mediante o correo ou as redes sociais. A programación completa, que incluirá debates, obradoiros e visitas guiadas, será anunciada proximamente nas canles oficiais da organización. “Estas xornadas están pensadas para que calquera mozo ou moza, sen importar o seu nivel de implicación previa, atope espazos de aprendizaxe, reflexión e acción colectiva”, concluíu Marta Gómez.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page