top of page

Galiza Nova condena "o novo intento de criminalización" do Partido Popular

A organización xuvenil amosa o seu rexeitamento "a esta estratexia criminalizadora que procura meterlle medo á mocidade que protesta


Ecos da Comarca/Arzúa

Galiza Nova amosa o seu absoluto rexeitamento "á actitude criminalizadora que profesa o Partido Popular de Arzúa após a realización dun mural que denuncia as súas políticas cómplices coa implantación dunha macrocelulosa ou a reapertura dunha mina que serían unha auténtica desfeita para este concello".

Unha actitude que sinalan como "amedrentadora e que busca o sinalamento público de quen se vale da súa liberdade de expresión para denunciar as políticas emprendidas polo executivo galego, en mans do mesmo Partido Popular".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

“O PP semella estar máis preocupado por quen denuncia a súas políticas que polo lesivas que estas poidan ser”, denuncia Alba López Regueiro, responsábel comarcal da organización. “Non imos permanecer impasíbeis ante quen pretende arruinar o noso futuro, por moito que queiran intimidar e ameazar”, engadiu. Ademais, acusa á formación política da dereita de non preocuparse cando aparecen pintadas machistas ou racistas, “acaso estas non lle molestan ao Partido Popular?”.


Galiza Nova enmarca esta estratexia do Partido Popular dentro da “onda reaccionaria que se está a vivir na Galiza, mais tamén no conxunto do estado español” e denuncia que con estas actuacións “pretenden limitar a liberdade de expresión da mocidade galega”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Relaciona isto "co control ideolóxico que o goberno de Alfonso Rueda pretende instaurar nas aulas galegas e coa manipulación informativa dos medios de comunicación públicos". “Pretenden amordazarnos igual que están facendo coa televisión pública”, rematou López Regueiro, “mais imos seguir a denunciar as súas políticas lesivas que nos negan a posibilidade dun futuro digno”.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page