top of page

Galicia precisa incrementar as reservas de A- e 0- para responder ás necesidades dos hospitais

Ecos da Comarca/Xeral

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, doou esta mañá sangue na unidade móbil que a Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) ten instalada diante do Edificio Administrativo do Servizo Galego de Saúde. Mediante este acto, no que estivo acompañado pola directora de ADOS, Marisa López, Gómez Caamaño animou á cidadanía a doar, xa que nestes momentos Galicia precisa incrementar as reservas de A- e 0- para responder ás necesidades dos hospitais. 

Os meses de xaneiro e febreiro adoitan coincidir cun aumento de enfermidades como a gripe, que impiden a doazón de xeito temporal, ata a recuperación dos afectados, polo que son datas nas que se pode reducir a base de potenciais doantes. 


Non obstante, a necesidade de compoñentes sanguíneos por parte dos hospitais galegos non diminúe, e todos os días do ano precísanse entre 400 e 500 doazóns de sangue. Agora mesmo, ademais, está en marcha a campaña para fomentar a doazón de sangue promovida pola Consellería de Sanidade e a Asociación galega de empresas de envasado de auga mineral natural (AGAMIN), en virtude dun convenio de colaboración asinado a finais do pasado ano co obxecto de contribuír a garantir a cobertura das necesidades hemoterápicas dos centros sanitarios galegos. 


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

En virtude dese acordo, AGAMIN comprométese a poñer á disposición da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue un total de 75.000 botellas de auga de 500 ml que están a seren distribuídas entre as persoas doadoras. Así mesmo, a asociación está a distribuír entre os seus asociados información relativa ás actividades promovidas por ADOS.


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Para máis información relativa á doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal as redes sociais, e o teléfono gratuíto: 900 100 828.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page