top of page

Galicia demanda ao goberno central un plan nacional fronte a enfermidade hemorráxica epizoótica

O Goberno galego considera necesaria, ademais, unha maior flexibilidade na

aplicación da PAC e unha recondución dos eco-rexímenes para que se adapten á

realidade da nosa comunidade


Laura Moure/Xeral

Galicia insiste en reclamar ao Goberno central que lidere e coordine un plan nacional fronte á Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) do gando. Así o reiterou hoxe en Madrid o conselleiro do Medio Rural, José González, na reunión institucional entre as comunidades autónomas e o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), Luis Planas.


En relación coa xestión desta doenza, o conselleiro amosou a súa preocupación diante da

inacción do Ministerio e lamentou de novo que o MAPA fixera ouvidos xordos á petición de

varias comunidades de convocar unha Conferencia Sectorial con carácter urxente para

tratar de forma específica as novas enfermidades emerxentes, como é o caso da EHE.


José González considerou imprescindible, ademais de continuar coas medidas restritivas

levadas a cabo polos gobernos autonómicos -entre eles a Xunta-, avanzar conxuntamente

nese plan nacional e loitar pola homologación da vacina en Europa. Así mesmo, Galicia

insta ao Goberno central a liberar fondos para sufragar a vacinación fronte esta doenza,

así como para compensar os danos producidos no gando, a dotar a correspondente póliza

de agroseguro e a estudar axudas polos seus efectos no marco da PAC.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Sustentabilidade das explotacións

Precisamente en relación coa PAC, Galicia defende unha recondución dos eco-rexímenes

para que se adapten á realidade das explotacións de pequeno e mediano tamaño,

familiares e con base territorial propias do norte peninsular. Tamén, unha maior

flexibilidade na aplicación destas políticas. Nesta liña, o conselleiro incidiu na aposta da


Xunta pola sustentabilidade das explotacións, pero advertiu que esta “non é só ambiental,

senón tamén económica e social, e nestes momentos necesitamos máis tempo para

adaptar aos nosos agricultores e gandeiros, diante da situación económica na que

estamos, fronte as esixencias da nova PAC”.


Por outra banda, José González reiterou a demanda de Galicia dunha reforma fiscal

positiva a prol do sector primario español. Segundo explicou o conselleiro, esta

reclamación -que xa foi transmitida dende a Xunta con anterioridade e mesmo por carta en

novembro pasado ao titular do Ministerio- fundaméntase na necesidade de beneficiar os

agricultores, gandeiros e silvicultores polo seu papel clave na xestión sustentable do

territorio.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Trátase, engadiu González, de valorar a súa contribución á hora de afrontar retos como o

cambio climático, o despoboamento ou a loita contra os incendios forestais e de aplicar, en

consecuencia, rebaixas fiscais a nivel nacional en impostos como o IRPF, o IVE ou sobre

Sucesións. Todo isto, na liña do que xa fixeron algunhas autonomías -caso de Galicia- cos

impostos propios e cedidos, remarcou. Nesta liña, fixo especial fincapé no programa de

impostos cero no rural que impulsou a Xunta, dentro das súas competencias na materia.


Rebaixa do IVE para a carne e o peixe

Ademais, e diante da tendencia de crecemento continuado dos custos de produción,

Galicia insistiu tamén nesta xuntanza en demandar que a rebaixa do IVE se faga extensiva

a alimentos básicos como a carne e o peixe, xa que a fiscalidade actual supón un prexuízo

directo para os gandeiros de carne e para o sector pesqueiro galego.


En termos semellantes, e tamén en relación coa protección dos produtores primarios,

reclámase de novo ao ministro que traballe para que se faga efectivo o cumprimento da lei

da cadea alimentaria para evitar a venda a perdas. No mesmo sentido, Galicia reitera a

súa petición dun recoñecemento da aplicación web para o cálculo dos custos de produción dos gandeiros -tanto do lácteo, a través de Contaláctea, como do cárnico, mediante Contacarne-.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Apoio ao sector gandeiro

O conselleiro manifestou o apoio da Xunta de Galicia a calquera medida adicional que

poida tomar o Ministerio a prol da gandaría en extensivo ou que contribúa á xestión do

espazo rural, recoñecendo o seu rol de custodio do territorio como elemento clave na loita

contra o abandono do rural, a prevención de incendios forestais e o despoboamento.

Neste sentido, José González lembrou que o Goberno galego destinará no 2024 un total

de 12 millóns de euros en axudas para os gandeiros que traballen baixo a Indicación

Xeográfica Protexida Ternera Gallega e instou a que o Executivo central complemente

esta liña de achegas, nun sector especialmente estratéxico para o rural.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page