Galicia Calidade fomenta o coñecemento dos produtos lácteos galegos entre os máis novos con empresas, entre elas da comarcas
- Laura Moure
- 21 feb 2024
- 2 Min. de lectura
Laura Moure/Xeral
A xerente de Galicia Calidade, Ana Méndez, participou este mércores no CEIP Plurilingüe dos Tilos na presentación dunha nova campaña para fomentar o coñecemento dos produtos lácteos entre os máis novos. Ana Méndez destacou que con esta proposta, “preténdese achegar a industria e a importancia do sector lácteo ás xeracións máis novas”.

Da man da catadora de queixos Salomé Beiroa, a iniciativa chegará en próximas datas a centros educativos dos concellos de Teo, Oroso e A Estrada. Permitiralles aos nenos e nenas aprender as diferenzas entre leite cru e pasteurizado ou entre o queixo fresco ou o curado, ou as diferentes denominacións de orixe coas que conta Galicia neste eido (San Simón da Costa, Cebreiro, Arzúa-Ulloa e Tetilla).
Publicidade
Os nenos e nenas poderán interactuar cos produtos das empresas lácteas co distintivo de Galicia Calidade como son Feiraco, Innolact (Quescrem), Larsa, Leyma Natura, Río de Galicia, Pazo de Anzuxao de Lalín, Pazo do Queixo, Queixería Barral de Arzúa, Queixería Casleiras, Queixería Daniberto, Queixería Santo André e Quesos Feijoo. Tamén colabora nesta iniciativa Galifresh, coa súa gama de purés de froita, dotada co selo de garantía Galicia Calidade e que está dedicada á investigación, desenvolvemento, elaboración e comercialización de produtos de IV e V gama a partir de froitas, verduras e hortalizas frescas.
Publicidade
Galicia Calidade é a marca de garantía que certifica a calidade dos produtos e servizos que, pola súa elaboración en Galicia, pola súa materia prima ou deseño galegos, merezan esta distinción.
Publicidade
Na actualidade, conta con preto de 170 empresas adheridas, con máis de 850 produtos ou servizos avalados co selo de garantía, que engloban aos sectores agroalimentario, mar, turístico, xoieiro, industrial, xeotérmico e de planta ornamental.
Kommentare