O toque de queda seguirá sendo ás dez da noite e a comunidade continuará pechada
Feijóo hoxe durante a comparecencia.
Laura Moure
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, acaba de anunciar as novas medidas fronte á Covid-19 que afectará á comunidade galega. Entre elas redúcense as reunións sociais, a maioría da hostalaría poderá abrir ata ás nove da noite e o toque de queda seguirá sendo ás 22 horas.
En primeiro lugar, establécese catro novos niveis de limitacións:
No nivel máximo: Seguirá a hostalaría pechada e non se permiten tampouco as reunións de non convivintes. Están neste nivel Vilardevós, Paradela e Maside.
No nivel alto, que teñen entre 250 e 500 casos por 100.000 habitantes, figuran Sobrado, Boborás, A Mezquita, Pontecesures, Neda e Arteixo. A hostalaría poderá abrir as terrazas ao 50% e con horario ata ás 21:00 horas.
No nivel medio tamén o peche dos locais hostaleiros será ás nove da noite. Permitirase o uso ao 30% do interior dos establecementos e no exterior, o 50%. Nesta listaxe figuran 14 municipios: Laxe, Ponteceso, Culleredo, A Coruña, Bergondo, Mugardos, Valdomiño, Guitiriz, Boimorto, Chantada, Pantón, Sober, Coles e Soutomaior.
No nivel baixo: tamén se amplía o horario de restaurantes, bares e cafeterías ata ás 21 horas con 75% de límite nas terrazas e 50% no interior.
En canto ás reunións sociais só se permitirán as de convivintes en domicilios durante a Ponte de San Xosé e Semana Santa. Fóra deles será de máximo catro persoas non convivintes e en exterior, de seis.
Mentres, a comunidade galega seguirá pechada e o toque de queda manterase ás 22:00 horas como ata o de agora. A mobilidade permítese entre todos os concellos, agás nos tres que están no nivel máximo, con incidencia maior a 500 casos por cada 100.000 habitantes
Estas medidas entrarán en vigor este venres e é moi probable que se revisen os días antes de Semana Santa.
Kommentarer