top of page

Furelos regresa ao 1900 co VI Mercado de Época do 22 ao 24 de setembro

Animación, música, teatro, artesanía e exposicións componen unha variada oferta de lecer para a fin de semana nesta parroquia melidense


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide celebrará os días 22, 23 e 24 de setembro a sexta edición do Mercado de 1900 de Furelos. Animación, música, teatro, artesanía e exposicións componen unha variada oferta de lecer para a fin de semana.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Os vindeiros días 22, 23 e 24 (venres, sábado e domingo) de setembro, a parroquia de Furelos (Melide) regresa ao ano 1900 co seu xa tradicional Mercado de Época. Unha cita que contará con talleres, exposicións, recreacións de época, música, animación, tradición e artesanía para que veciñanza e visitantes entren na máquina do tempo e regresen ao 1900.


A maiores, para facilitar a chegada a Furelos, este evento contará cun atractivo engadido: o Tren Turístico, o cal unirá o centro da vila (parada xunto a Capela de San Roque) coa parroquia de Furelos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"Desde o Concello de Melide convidamos a todas as persoas, tanto do municipio como visitantes, a achegarse a Furelos durante a fin de semana do 22 ao 24 de setembro para desfrutar das nosas raíces, da cultura, oficios e música a través dunha visita ao ano 1900".

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page