top of page

Francisco Conde: “Con Feijóo como presidente o futuro de Altri xa estaría garantido en Palas”

Estímase que os catro grandes proxectos empresariais que se prevén instalar en Palas de Rei xeren preto de 3.000 empregos entre directos e indirectos


Laura Moure/Palas de Rei

O número 1 da candidatura do PP de Lugo ao Congreso, Francisco Conde, asegurou hoxe nunha reunión con alcaldes e portavoces da comarca da Ulloa, que o futuro da empresa Altri en Palas de Rei “xa estaría garantido de estar Feijóo no Goberno”. Nese sentido, engadiu que “se goberna Alberto Núñez Feijoo, gaña Lugo e gañamos todos”.

O Partido Popular, ao igual que a Xunta de Galicia e que a propia Altri, teñen amosado

desde o primeiro momento a súa máxima implicación para conseguir que a fábrica de

fibras téxtiles sostibles sexa unha realidade na provincia de Lugo, un proxecto realmente

transformador a nivel industrial e social. A compañía portuguesa quere executar o

proxecto en Galicia, pero estase atopando cunha realidade:” o Goberno de Pedro

Sánchez non concedeu os fondos europeos que precisa a iniciativa para a súa construción e posta en marcha, cando o Executivo portugués xa ten comprometido fondos europeos para as novas iniciativas industriais de Altri no seu país”.

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Neste sentido, “Sánchez incumpre unha vez máis a súa palabra, pois case un ano despois da súa reunión co presidente da Xunta de Galicia na que se comprometeu a apoiar o proxecto de Altri, non hai resposta nin un posicionamento a favor deste proxecto”, explica Conde. “Mentres que cunhas comunidades autónomas, como é o caso de Cataluña, Valencia ou Asturias, o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez é absoluto, outras comunidades, coma Galicia, seguen á espera”.

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Creación de emprego

“O apoio de Galicia a este proxecto de Altri é total”, lembrou o popular, que destacou como “moi positivo para o desenvolvemento da base industrial, a reactivación e creación de emprego no territorio, o fomento da economía circular e o desenvolvemento de novas

tecnoloxías que ofrecen unha alternativa competitiva á industria téxtil”. Entre novos proxectos, como os de Altri e Bioflytec, e ampliación de instalacións, como as

de Jim Sports e Campomayor, o investimento previsto en Palas de Rei poderá superar os

máis de 830 millóns de euros e a creación de preto de 3.000 postos de traballo, entre

directos e indirectos.

Preme na imaxe para contactar connosco.

Produtos locais

Os candidatos ao Congreso e ao Senado tamén aproveitaron para promocionar e poñer

en valor os produtos gastronómicos e locais da zona porque “é unha forma de facer

provincia”. Neste aspecto, asistiron a unha degustación do queixo do país DaJosefa,

procedente do lugar de Senande, na parroquia palense de Ferreira, que é un dos queixos

galegos artesanais máis saborosos e populares. Recentemente, este queixo gañou o

campionato GourmetQuesos, celebrado en Madrid; ao mellor queixo de vaca xoven en

España.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page