top of page

Forno tilda de "arroutada e autoritarismo a prohibición de Souto de sacar fotos no Lalín Arena"

A socialista lalinense lembra que ningún usuario terá que cumprir esta norma da que alertan uns recentes carteis, ao non existir ningún regulamento de uso que así o determine


Ecos da Comarca/Lalín

A voceira municipal socialista de Lalín, Alba Forno, cualifica como “arroutada de autoritarismo” a intención de Avelino Souto de prohibir que se poidan facer fotos ou tomar vídeos no interior das instalacións do Lalín Arena. Explica que esta semana “para sorpresa do usuarios, apareceron uns carteis por distintos puntos do multiusos advertindo de que

queda prohibida a toma de fotografías e imaxes no interior”.

Forno considera esta decisión “tan déspota e unilateral como absurda, pois sen un regulamento aprobado pola Corporación que o determine e, no seu caso impoña sancións, ningún lalinense se verá obrigado a cumprir o que ditaminan os carteis”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A socialista sinala que “o que verdadeiramente pretende Avelino Souto con este brindis ao

sol é impedir que os usuarios tomen imaxes e publiquen fotos das innumerables deficiencias do Arena”. “O concelleiro pretende tapar a súa pésima xestión impoñendo

prohibicións disparatadas que ninguén terá que cumprir”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Así, a edil socialista explica que a decisión do concelleiro, “conculca o dereito á

información e á liberdade de calquera cidadán para gravar a súa propia actividade

deportiva"; á vez que asegurou que o PSOE levará ao próximo Pleno o tema "para que se

nos dean as explicacións pertinentes sobre esa ridícula determinación".


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Forno pregúntalle a Souto se vai prohibir "sacar fotos nos partidos, se vai impedir que uns

amigos se retraten tras un partido de pádel ou que calquera usuario se grave realizando a

súa rutina na sala de musculación. Que vai pasar se isto se produce? Irá Avelino a

botarlle a bronca?”, ironiza a concelleira, que lembra que no caso dos menores de idade

ou de imaxes íntimas que poden producirse en vestiarios, xa existen regulamentos

específicos de protección.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page