Forno sinala que "a alianza do PP coa ultradereita e os independentistas impedirá que lle suba a pensión a 6.000 lalinenses"
“Deixarán de ingresar case 2 millóns nas súas contas”, explica, ao tempo que lamenta que “moitos veciños e veciñas queden sen bono de transporte ou sen suba do SMI”
Ecos da Comarca/Lalín
A secretaria xeral dos socialistas de Lalín, Alba Forno, lamenta a “terrible agresión do PP ás persoas pensionistas, á clase traballadora, ás familias e aos servizos públicos ao aliarse coa ultradereira e os independentistas cataláns no Congreso para tumbar as medidas de escudo social contempladas no Decreto Ómnibus".

“Lembra que esta alianza vai directamente en contra dos intereses das persoas que máis o precisan” e que “dana directamente a milleiros de persoas e familias humildes en Lalín”· Forno destaca que o voto en contra do Partido Popular afecta directamente a uns 6.000 pensionistas do municipio, que van ver recortada a súa nómina de febreiro en case 30
euros. “Ao quedar anulada a suba do 2,8% mensual os case 6.000 pensionistas do
municipio deixarán de ingresar 1,8 millóns de euros nas súa contas, prexudicando tamén á
economía local”. Forno agarda que “Crespo lle dea explicacións sobre este brutal ataque do PP aos interese dos veciños e veciñas”.
A secretaria xeral sinala tamén que centos de lalinenses que reciben o Ingreso Mínimo Vital non poderán gozar da suba prevista do 7%, "e que o PP teña apoiado, xunto á ultradereita e os independentistas cataláns, a caída do bono de transporte que tamén
empregan moitos veciños e veciñas que se desprazan a outras cidades por traballo ou
estudos”.
Publicidade
Así mesmo, lembra que o voto en contra do Partido Popular ao decreto ómnibus do Goberno frea a suba do SMI vixente a 1.134 euros mensuais brutos en 14 pagas, afectando directamente a moitos traballadores e traballadoras do noso municipio.
"Finalmente, o Partido Popular ten causado un prexuízo directo aos servizos públicos da
provincia, tendo en conta que o decreto incluía a actualización das entregas a conta ás
Comunidades Autónomas, recursos que o Estado transfire ás autonomías para financiar as
súas competencias. Coa derrogación do decreto, estas actualizacións non levarán a cabo,
polo que a provincia de Pontevedra perderá 250 millóns para o financiamento de servizos
públicos como a educación ou a sanidade", recalca Forno.








Comentarios