top of page

Forno renova como secretaria xeral do PSOE de Lalín cun equipo renovado e preparado para liderar o cambio

Ecos da Comarca/Lalín

A agrupación municipal socialista de Lalín vén de renovar a súa dirección local tras a asemblea celebrada a pasada semana, na que Alba Forno foi reelixida como secretaria xeral. A militancia volveu depositar a súa confianza na actual líder local, que leva xa cinco anos á fronte da organización, "impulsando unha oposición firme e construtiva e articulando unha alternativa sólida ao goberno local do PP"-

A nova executiva combina experiencia e novas incorporacións, con persoas con ilusión, ideas e compromiso para traballar polo futuro de Lalín. Estará  presidida por Cristóbal Fernández “Tobi” con Norma Fernández como secretaria de Organización, que tamén asumirá a área de Medio Ambiente e Daniel Santalla como secretario de Política Municipal e Comunicación.


Tamén forman parte de executiva: 

  • Eva Castro, responsable de Mocidade, Política Social, Educación e Cultura.

Mario López, encargado das áreas de Deporte, Comercio e Desenvolvemento Económico.

Nico G. Casares, secretario de Política Europea, Relacións Institucionais e Sanidade.

Noelia Rodríguez, secretaria de Igualdade e Muller.

MJuan Justicia, responsable de Política para o Medio Rural.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

O equipo traballa xa desde o primeiro momento cun obxectivo claro: artellar un proxecto de futuro para Lalín, achegando propostas que melloren a vida da veciñanza e resolvan os múltiples problemas que o goberno local do PP non é quen de afrontar.


“Temos un equipo preparado, con ganas, e con ideas novas para sacar Lalín do estancamento ao que o someteu o Partido Popular, un equipo que mira ao futuro con ambición e responsabilidade”, destacou Alba Forno, que subliñou que a agrupación chega con forza ao novo ciclo político e que “os socialistas faremos os deberes, sumaremos apoios e presentaremos un proxecto sólido, crible e transformador para as municipais de 2027”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A nova dirección socialista aposta por renovar a política local con aire fresco, participación, e compromiso real coa xente, defendendo un modelo de avance fronte ao inmobilismo, o esgotamento e a falta de proxecto do actual goberno municipal. 

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page