top of page

Forno pide un plan municipal de sostibilidade turística para optar ós fondos do plan de recuperación

O grupo socialista considera que o Goberno de Lalín debería valorar este proxecto

para potenciar un turismo que sexa sostible e que respecte os numerosos espazos

naturais que hai na nosa contorna



Ecos da Comarca/Lalín

A candidata á Alcaldía de Lalín, Alba Forno, reclámalle ao goberno local a eleaboración dun Plan Municipal de Sostibilidade Turística co que optar aos fondos da terceira convocatoria extraordinaria dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino que convoca o Ministerio de Industra e Turismo con fondos europeos do Plan de Recuperación. O prazo para solicitar estas axudas remata o próximo luns, día 6 de marzo.


Forno lembra que “o Goberno de Crespo leva perdidas moitas oportunidades do Plan de

Recuperación, que suporían traer avances e máis sostibilidade para a nosa vila”. Despois

de catro anos de mandato, “a inacción en políticas activas de turismo é total e parece que

para o PP de Lalín só existe o Cocido, que en palabras de Crespo cando estaba na

oposición é un transatlántico que funciona só, sen necesidade de que haxa que facer

nada”.

“O balance en turismo deste mandato é nulo e debido á falta de ideas e de proxectos o

Concello vive daqueles lanzados por colectivos, coma Roteiros”, engade. “O Camiño de

Inverno está abandonado, só serviu para unha campaña da Xunta de Galicia e xa se

esqueceron del, tiraron por terra por revanchismo e por pagar favores proxectos punteiros

coma un albergue municipal que ofrecería un gran servizo para os peregrinos e, por

quitar, ata quitaron os paraugas de cores que tanto atractivo xeraban”, aclara a

concelleira.


O grupo socialista considera que estes fondos son unha oportunidade única para

transformar, modernizar e facer competitivo ao noso sector turístico, sacándolle todo o

potencial que ten Lalín en materia gastronómica, medioambiental, patrimonial ou en

espazos naturais, ademais de que permitirían impulsar novos proxectos. “O pasotismo do

PP de Lalín deixará a nosa vila sen outra oportunidade máis. Dende o Goberno non

traballan por beneficiarse dos fondos europeos e prefiren facer promoción do Cocido en

Miami que sacar proveito de axudas para transformar o noso turismo e facelo máis

sostible”, recalca Forno.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Alba forno lémbralle a Crespo que esta non é a única oportunidade que perderon de

axudas para ter unha vila máis sostible e respectuosa co medioambiente, e insiste en que

o prazo para presentar os proxectos finaliza o luns: “Agardamos que teña proxecto, pero

tememos que non será así, porque poñen os seus esforzos en proxectos que non

achegan beneficios a nosa veciñanza e néganse a que Lalín avance cos tempos e se

modernice”.



Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page