top of page

Forno manterá o 7 un debate aberto en Lalín para conmemorar o 8M e crear un programa de igualdade

Ecos da Comarca/Lalín

O PSdeG-PSOE de Lalín conmemorará o 8M, Día Internacional da Muller, cun acto que

terá lugar o 7 de marzo ás 20:30 horas na sede do PSOE (Rúa Enrique Vidal Abascal). O

obxectivo de mover a data é para non solapar nin coa manifestación de Azos Feministas,

nin cos demais actos que haxa dende o Concello.

Na xornada, que terá como protagonista a candidata á Alcaldía e concelleira, Alba Forno, tratarase de recoller propostas para un programa atractivo de igualdade. Previamente, xa se recolleron ideas e iniciativas de persoas vinculadas ao partido que se presentarán

durante o acto. “Non queremos que sexa un acto pechado, senón que daremos voz ás persoas que asistan para presentar na campaña un programa atractivo neste sentido. A igualdade será un dos temas transversais da nosa candidatura, que estará presente en diferentes eidos (sanitario, educativo, rural...)”, explica Forno.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Dende a bancada socialista convidan a todas as persoas interesadas en coñecer as

propostas ou en achegar iniciativas neste sentido e recalcan que, ata o de agora, Alba

Forno é a única candidata muller ás eleccións municipais lalinenses e ademais é a

primeira candidata socialista.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page