top of page

Forno: “Desde que Sánchez é presidente a pensión media dos lalinenses pasou de 737 a 988 euros”

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

 "Os case 6.000 pensionistas do municipio recibirán este ano 1,8 millóns máis", asegura a  secretaria xeral dos socialistas de Lalín


Ecos da Comarca/Lalín

A secretaria xeral dos socialistas de Lalín, Alba Forno, informou de que desde que Pedro Sánchez asumiu a presidencia en 2018, "a pensión media dos lalinenses pasou de 737 euros a 988 euros mensuais, un incremento de 240 euros ao mes que demostra a

verdadeira aposta dos socialistas polas persoas e polos maiores”.

Forno lembra que en 2025, grazas á revalorización con carácter xeral das pensións nun

2,8% conforme ao IPC, os pensionistas de Lalín recibirán de media 27 euros máis ao mes que o pasado ano, o que supón case 380 euros adicionais ao neste 2025. En total, entre os case 6.000 pensionistas do municipio, isto tradúcese en 1,8 millóns de euros máis que

ingresarán nas súa contas, “beneficiando non só aos maiores senón tamén á economía

local”, destaca Forno.


A tamén voceira municipal subliña que “se seguisen en vigor as políticas do PP de Rajoy e a reforma das pensións de 2013, que limitaba o incremento ao 0,25% anual, cada pensionista de Lalín cobraría hoxe unha media de só 748 euros ao mes, apenas 11 euros máis que hai seis anos”. “A diferenza é clara: co Goberno socialista, os pensionistas gañan en poder adquisitivo e teñen de media 240 euros máis ao mes e 3.360 euros máis ao ano en Lalín ca en 2018 co PP”.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Así mesmo, a edil recorda que máis aló da revalorización con carácter xeral do 2,8%, as pensións mínimas e as non contributivas soben este 2025 un 6%, mentres que o Ingreso

Mínimo Vital faino un 9%. Precisamente, a secretaria xeral subliña que “o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez é evidente nas medidas adoptadas para mellorar a calidade de vida das persoas e ademais da revalorización das pensións, apostamos polo Ingreso Mínimo Vital, a subida do Salario Mínimo Interprofesional ou o aumento dos permisos de paternidade”. “Todas elas son mostras dunha política que pon no centro as persoas e que prioriza unha sociedade máis xusta e igualitaria, o mesmo modelo que trasladaremos a Lalín cando gobernemos”, asegura.


“O Partido Socialista está comprometido coa defensa dos dereitos dos maiores e a aposta por unhas pensións dignas, fronte a modelos que queren perpetuar a pobreza entre os pensionistas”, concluíu.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page