“O goberno de Crespo é imbatible no abandono ás políticas de conciliación”, sinala
Ecos da Comarca/Lalín
A voceira municipal do PSdeG-PSOE de Lalín, Alba Forno, denuncia que os pais e nais de Lalín "son os únicos da zona que a dous días do remate do curso lectivo non teñen ningún tipo de información sobre os campamentos de verán". Explica que tódolos concellos da contorna xa publicaron a oferta de campamentos excepto Lalín.

Por iso, denuncia "a inacción alarmante do concelleiro de Xuventude, Avelino Souto, que dedica todos os seus esforzos a facer campaña electoral polo PP, mentres abandona aos pais e nais". Sinala que en concellos como Ames a oferta xa leva publicada desde marzo, do mesmo xeito que se abriu o prazo e se trasladou toda a información en municipios como Rodeiro ou Silleda.
Publicidade
Non obstante, sinala que o “goberno imbatible” de Crespo "é imbatible á hora de chegar tarde un ano máis en relación aos campamentos e iniciativas de conciliación que seguen deixando completamente de lado".
Forno explica que o mesmo aconteceu coas axudas para a compra de material escolar, "que o ano pasado foron anunciadas en maio, en plena campaña electoral das municipais, cun claro tinte electoralista e que, pola contra, este ano se atrasaron ata xuño".
Publicidade
Por iso, alerta de que desde o Partido Socialista se vixiará que non ocorra o mesmo que o ano pasado, "cando as axudas para a compra de material escolar se acabaron pagando en decembro, un atraso inxustificables que prexudica aos pais e nais no inicio de curso".
Comments