Forno culpa "á xestión chapuceira do PP en materia de persoal do pau xudicial ao Concello coa anulación da praza de coordinador deportivo"
- ecosdacomarca
- 20 mar
- 2 Min. de lectura
“Non queremos nin pensar que semellante metedura de zoca nas bases teña que ver cun intento de adxudicar a praza a dedo”, sinala a socialista lalinense
Ecos da Comarca/Lalín
A secretaria xeral do PSOE de Lalín, Alba Forno, cualificou a anulación por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da praza de coordinador de deportes de Lalín como “unha nova chapuza do PP de Lalín na xestión de persoal”. Asegura "que este novo pau xudicial confirma a xestión chafalleira e neglixente en materia de persoal que sempre caracterizou ao goberno do PP de Lalín".

Forno lembra que as bases da convocatoria eran tiñan múltiples carencias “e fan sospeitar
que puideron ser feitas a medida nun intento de adxudicar a praza a dedo”. Asegura que non esixir a titulación en Ciencias da Actividade Física e do Deporte para unha praza de
coordinador deportivo nun concello da dimensión de Lalín, non ten lóxica pois estes
titulados son quen realmente teñen a formación adecuada para este posto, "polo que hai
moitas posibilidades de que que non sexa un simple “erro”, senón unha manobra do PP
para dirixir un procesos selectivo·.
Publicidade
Forno sinala que pedirá explicacións no Pleno e recorda que "non é a primeira vez que o PP de Lalín xestiona de maneira opaca os procesos de selección de persoal, recordando que en 2007 este partido acertou ante notario quen ían ser as 13 persoas adxudicatarias das 13 prazas que saíron a concurso". Máis aló do escándalo político, os socialistas consideran que "o máis grave é que o PP de Lalín está a xogar coa estabilidade laboral das persoas convocando prazas con bases defectuosas e expoñendo aos traballadores á incerteza pola súa incompetencia con sentenzas en contra".
Comentarios