top of page

Forno asegura que cando chegue á Alcaldía non permitirá o abandono das instalacións deportivas

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

“Avelino Souto foi o concelleiro do desastre en Deportes, polo caos na organización

da área deportiva, pola falta de cumprimento das promesas e pola ausencia de

mantemento das instalacións deportivas”, afirma a candidata á Alcaldía de Lalín


Ecos da Comarca/Lalín

"O caos organizativo na área de Deportes xa foi posto en manifesto por parte do PsdeG-

PSOE de Lalín en numerosas ocasións", inciden os socialistas, pero sinalan que "a mala xestión do concelleiro de Deportes pasa tamén polo abandono de espazos deportivos coma o campo de fútbol de Barcia ou o de Bermés, que moito lles acordou aos do PP hai catro anos, estando na oposición, pero dende que entraron ao Goberno esquecéronse".

Ante isto, a candidata socialista a Alcaldía, Alba Forno, comprométese a facer unha boa xestión neste ámbito e disponse a levar a cabo un bo mantemento dos espazos deportivos que hai no noso municipio cando chegue ao Goberno. "O campo de fútbol de Barcia semella máis unha “escombreira” que un campo de fúbtol: A herba sen cortar, ferros de antigas porterías tirados, a reixa en mal estado e os vestiarios o mesmo. Non se poden ter espazos coma este abandonados e en tan mal estado, cando podían ser de utilidade para desconxestionar o Manuel Anxo Cortizo”, expón a concelleira.

O campo de fútbol de Barcia.

Por iso, pregúntalle ao concelleiro desta área, Avelino Souto, por que non fixo nada por este recinto e a que agarda para deseñar un proxecto para o mesmo.


"Por outra banda, recentemente fíxose unha inversión de 13.757 euros no campo de fútbol de Bermés, que só foi un exemplo máis de como tirar os cartos", sentencia a concelleira porque considera que este arranxo só tería sentido se realmente se pretendese facer alí unha instalación deportiva para o futuro inmediato, pero para iso sería preciso levar a luz, a auga e conseguir máis terreos, que coa parcelaria se puido xestionar “e non tería custo para as arcas municipais, pero prefiren tirar cos cartos, mentres segue sen ser funcional polas múltiples carencias que ten e por non ter as medidas reglamentarias”.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Así mesmo, Forno asegura que Souto ten constancia do estado do muro do Manuel Anxo

Cortizo dende hai meses, pero “ata o momento non se coñece cando será o arranxo. Pero a realidade é que isto supón un perigo para os clubs que adestran nesta área e mesmo para as familias e afecionados que asisten a ver as competicións. Isto non pode seguir así e esiximos que faga o arranxo de maneira inmediata”.


Dende o grupo socialista consideran que un campo de fúbtol a maiores é preciso para

desconxestionar o Manuel Anxo Cortizo, principalmente nas fines de semana que hai numerosas competicións. “Habendo espazos, só é preciso facer unha boa xestión e

poñelos en boas condicións para que poidan ser empregados”, asegura e engade “que xa

sabemos que dende o PP son máis de infografías que de traballo, porque tamén

prometeron que en catro anos estarían as obras iniciadas das pistas de atletismo, pero a realidade é que non teñen nin unha hectárea mercada para este proxecto e tampouco

unha boa relación cos propietarios dos terreos aos que nin sequera escoitan”.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page