Dende a bancada socialista pregúntalle a edil de Cultura se as láminas expostas
foron mercadas as súas autoras ou tamén foron impresas
Ecos da Comarca/Lalín
O PSDEG-PSOE de Lalín denuncia o plaxio producido pola concellería de Cultura, comandada por Begoña Blanco, para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, celebrado
onte. Anunciaron dende o Concello de Lalín unha exposición na Biblioteca Municipal que
está composta de láminas, "pegadas a modo caseiro en cartulinas. Estas pezas teñen autoría e agardamos que dende a concellería as mercasen e non as imprimisen sen
consentimento das súas autoras, que cobran polo seu traballo";, recalca Alba Forno,
candidata á Alcaldía e concelleira.
Como exemplos, pódense ver a de Eva Casais, que dita autora ten a peza a venda na súa propia web, ou a de Esther Voltá, tamén a venda e exposta na Biblioteca.

Por outra banda, sinala que "para agravar este escándalo, agasallaban ás persoas usuarias cun marcapáxinas caseiro, o cal estaba composto dunha imaxe de Rosalía de Castro e dunha pequena biografía en castelán. Este marcapáxinas é unha fotocopia dos que a marca Animosa, a cal non ten coñecemento de que empregasen o seu traballo, ten a
venda na súa canle. É inmoral e unha falta de ética coller o traballo dunha empresa, fotocopialo e poñelo coma un agasallo. E, para máis inri, plastifican os marcapáxinas saltándose as bases de Animosa, que como ela mesma indica non empregan plástico para coidar o medioambiente", resalta Forno e engade “que esixiremos explicacións sobre este feito e agardemos que lles dean unha resposta ás persoas afectadas”.
A todo isto, asegura "súmase que boa parte da exposición, incluído este agasallo, están en
castelán.Esixímoslle a Blanco que deixe de maltratar o galego, xa nos ten acostumados/as a un mal uso do mesmo e a numerosos castelanismos nas publicacións de cultura, pero debería ter un maior e mellor coidado da lingua";, resalta a candidata á Alcaldía. Así mesmo, sinala que "facer unha exposición desta autora galega e que tanto loitou pola
lingua practicamente en castelán case é unha falta de respecto. Un bo xeito de potenciar
a lingua e facer estas mostras en galego".
Dende a bancada socialista alertan que "esta falta de moralidade por parte da concelleira de plaxiar e empregar material de diferentes empresas e autorías, non se pode permitir. Tennos que dar explicacións sobre isto porque é un escándalo e esixirémosllas no pleno", recalca.
Comentários