top of page

Fomento limpa e arranxa as beirarrúas da parroquia de Lamela, en Silleda ao pé da Nacional 525

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O Concello solicitou ao Ministerio, titular da estrada, esta actuación, que se agradece dende a entidade local para mellorar os servizos da localidade

Operarios facendo as tarefas de limpeza en Silleda.


Laura Moure/Silleda

Operarios do servizo de mantemento da Demarcación de Estradas do Estado en Pontevedra iniciaron na xornada do mércores os traballos de limpeza e mellora nas beirarrúas da parroquia de Lamela, ao pé da estrada N-525 Santiago-Ourense.


Dende o Concello de Silleda solicitarase en datas pasadas a limpeza das mesmas así coma o arranxo nalgúns puntos onde se aprecian desperfectos nas baldosas. O alcalde, Manuel Cuiña, agradece ao Ministerio de Fomento a dilixencia nesta actuación “moi necesaria para o mantemento e conservación destas beirrarúas, construídas xa nos anos 90 e moi utilizadas pola veciñanza que se concentra neste tramo da estrada nacional”, engade lembrando que esta dotación supuxo no seu día un grande avance en materia de seguridade viaria.


Cuiña tamén agradece á Demarcación de Estradas o arranxo levado a cabo nos últimos días na rotonda de acceso a Silleda, onde tamén o firme acusaba un notable deterioro.


0 comentarios

댓글


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page