top of page

Foi recuperado o tacógrafo do autobús siniestrado en Cerdedo-Cotobade no que faleceron sete persoas

Comezou a reconstrución dos feitos por parte dun equipo de expertos da Garda Civil desprazados desdes Madrid e un equipo de drons de Asturias e farán unha comparativa cun autobús coas mesmas característica que o accidentado


Laura Moure/Xeral

Este mércores comezou en Cerdedo-Cotobade a reconstrución do accidente de autobús no que morreron sete persoas esta Noiteboa. Entre as vítimas mortais, catro residían na comarca de Deza, nos municipios de Agolada e Lalín. No lugar atópase o equipo de expertos da Garda Civil desprazados desde Madrid e un equipo de drons de Asturias.

Lugar dos feitos. Autor: Protección Civil de Cerdedo-Cotobade.

Sobre as dez da mañá, os membros do Equipo de Reconstrución de Accidentes de Tráfico (ERAT) empezaron a inspeccionar a zona cun equipo de topografía e cortaron o acceso aos dous extremos da ponte. No lugar tamén se atopa o alcalde deste municipio, Jorge Cubela.


Sobre as 11 da mañá o tenente da Garda Civil a cargo da investigación, Roberto Prado, facía as primeiras declaracións aos medios de comunicación alí presentes. "Estamos facendo a rescontrución dos feitos e a inspección ocular para ver os vestixios ou probas así como a adherencia do asfalto no lugar do accidente. Estase utilizando un láser escáner para un estudo tridimensional do lugar por parte do equipo ERAT da Agrupación da Garda Civil de Madrid. Tamén temos un equipo de drons que veu directamente dende Asturias para levar a cabo tamén un estudo da ponte en tres dimensións. En principio non temos aínda máis datos ata que se faga un estudo total do lugar do accidente e despois, farase dos restos que quedaron do autobús".


Prado ademais adiantou que se fará unha comparativa cun autobús nas mesmas condicións nas que viaxaba o vehículo que sufríu este tráxico sinistro para ver as características do vehículo e ver nas que quedou tralo accidente. É moi probable que a reconstrución se prolongue ata mañá. "E aínda é cedo para sacar unha conclusión de todo", recalcou o tenente.

Tamén indicou que se recuperou o tacógrafo e todos os aparellos do autobús que poidan dar datos, como o ABS (Sistema Antibloqueo de Freos) e o GPS (Sistema de Posicionamiento Global) e que todo iso está en estudo, polo que levará o seu tempo para así obter todos os datos posibles e determinar todas as causas do accidente. "Do autobús recuperouse todos os datos que se poden extraer", incidiu. Tamén se procederá a tomar declaración aos dous superviventes desta traxedia, o condutor, que este luns xa foi dado de alta, e a pasaxeira, unha muller duns 50 anos de Ponteareas, que xa está en planta no hospital recuperándose das feridas.


NOTICIAS RELACIONADAS:





0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page