Fixo onte 87 anos que Camilo Díaz Baliño foi asasinado en Meixide no Municipio de Palas de Rei
- ecosdacomarca
- 15 ago 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Camilo Buenaventura Díaz Baliño, nado en Ferrol o 14 de xullo de 1889 e asasinado en Saa (Meixide, Palas de Rei) o 14 de agosto de 1936.

Detido ao comezo da guerra civil española, estivo na prisión de Santiago de Compostela, no Pazo de Raxoi. Estando prisioneiro debuxou nun caderno retratos dos seus vinte e seis compañeiros,] o que foi o seu derradeiro traballo. Sen ser sometido a xuízo, foi trasladado ao cárcere de Arzúa; pouco despois tres falanxistas, o Solla, o Xerpe e o Baluxa, asasinárono en Palas de Rei (47 anos). O seu cadáver apareceu, á beira da estrada en Saa, na parroquia de Meixide (Palas de Rei).
Legado
Foi un escritor, pintor, debuxante, ilustrador de libros, muralista, cartelista, escenógrafo e versátil artista gráfico galego, membro da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, das Irmandades da Fala desde 1918, do Seminario de Estudos Galegos desde 1926 e do Partido Galeguista. Colaborou nas coleccións Lar e Céltiga e noutras obras da literatura galega.
Publicidade
O seu fillo, Isaac Díaz Pardo, que tiña quince anos cando mataron o pai, reuniu parte da súa obra no Instituto Galego de Información, fundado en 1977 e pertencente ao Grupo Sargadelos. O fondo foi cedido despois, para a súa clasificación, custodia e difusión, á Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura de Galicia e pode consultarse na biblioteca virtual Galiciana. Está composto por arredor de 200 fotografías, relatos, unha pequena biblioteca e 10 álbums que recollen toda a súa actividade profesional en América, ademais dun centenar de cartas e documentos persoais. Destacan tamén os debuxos realizados na cadea.
*Fonte: Wikipedia
Comments