top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Fiuza urxe a Taboada a convocar a comisión de seguimento do SAF aprobada no pleno de marzo

“Mentras o goberno local malxestiona, estas traballadoras teñen peores condicións laborais e a lista de agarda dos usuarios aumenta”, indica o BNG cruceño


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

No último pleno ordinario deste mandato, que tivo lugar no mes de marzo, o BNG de Vila de Cruces propuxo e logrou que se aprobase por unanimidade unha moción para a mellora do Servizo de Atención no Fogar (SAF). Acordouse en pleno convocar a comisión de seguimento semestral coa empresa, onde deben estar representantes sindicais e voceiros dos diferentes grupos da corporación. Dita comisión está recollida nos pregos do concurso de 2020 e non estivo a cumplirse por parte do goberno local, tal e como sinala o BNG. O seu voceiro, Álex Fiúza, lembra ao alcalide, Luis Taboada, "que xa pasaron os 15 días para convocar unha comisión extraordinaria, onde revisar a situación actual das traballadoras en canto ao cumplimento do convenio laboral, xa que é o mínimo que se lle pode esixir a Sociser".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O partido nacionalista reitera que "un concello como Vila de Cruces, onde a poboación avanza cara unha media de idade cada vez máis alta, provoca que o número de persoas dependentes aumente". Ante isto, o BNG aposta por gobernar "para mellorar os servizos, aposta por incrementar o plantel de traballadoras en condicións óptimas, dende a institución, para prestar un servizo de garantías aos nosos maiores, e que deixen de estar en mans privadas que afogan a usuarias e traballadoras co fin de exprimir o máximo rendemento económico".


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page