top of page

Fiuza pregúntalle a Taboada que trámites se fixeron para alegar contra o vertedoiro de Campomarzo

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O voceiro do BNG de Vila de Cruces pregúntalle ao alcalde deste municipio, Luis Taboada, que trámites se fixeron para alegar contra o vertedoiro de Campomarzo.

O nacionalista lembra que "o pasado 30 de marzo aprobábase unha moción do BNG por unanimidade, co fin de solicitar a paralización do vertedoiro de Campomarzo, que afecta directamente ao abastecemento de auga municipal da parroquia de Merza". E sinala que "unha vez rematado o prazo de alegacións, o BNG pregunta e solicita os trámites que o goberno levou a cabo para dito fin".

Fiuza tamén pregunta ao rexedor polas accións levadas a cabo para informar á veciñanza, "xa que é fundamental que os veciños e veciñas afectados directamente presenten alegacións, como así estamos a recoller dende o BNG".

Ademais, incide que "na proposta aprobada instábase ao goberno local á elaboración de informes técnicos e alegacións, así como tamén, á solicitude formal do Concello de Vila de Cruces á Xunta de Galiza para a anulación do estudo de impacto ambiental e a restauración da canteira, posto que ademais do atentado ecolóxico que provocan as filtracións deste vertedoiro, veríase afectado o abastecemento de auga para a veciñanza de Merza, como xa ten ocorrido noutras situacións, que por culpa dos verquidos se tivo que abastecer á parroquia con cubas de auga transportada dende outros puntos do concello".


NOTICIAS RELACIONADAS:

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page