top of page

Finaliza con éxito a proba de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 39 presas galegas

O obxectivo é que a veciñanza recoñeza o sinal acústico en caso de emerxencia


Ecos da Comarca/Xeral

Barcaza de Portodemouros. Autor: Ecos da Comarca.

A Xunta rematou con éxito a proba de funcionamento das sirenas de aviso á poboación de 39 presas galegas. O primeiro sinal activouse onte ás 9:00 horas en Belesar e foi repetíndose en distintas presas ata hoxe. Soaron sirenas situadas por todo o territorio, adscritas ás presas de San Cosmade ou Vilasenín, Vilagudín, Portodemouros, Belesar, Peares, Brandariz, Velle, As Guístolas, San Martiño, Montefurado, Sequeiros, Santa Eulalia, San Pedro, Santo Estevo, Río Covo e Dique de Collado, Albarellos, Casoio, Castrelo, Cenza, Chandrexa, Portas, Prada, San Sebastián, Peñarrubia, Pumares, O Bao, Conchas, Salas, Baíña, Eiras, O Con, Caldas de Reis, Touro, Frieira, Ribeira, Eume, Fervenza, Santa Uxía e Cecebre.


Publicidade

Preme na imaxe para inscribirte e obter máis información.

Onte tamén se activaron as sirenas de aviso adscritas ao Plan de emerxencia exterior do depósito de lodos vermellos de Alúmina en Xove.


Para a proba contouse coa colaboración dos titulares das infraestruturas, isto é, Augas de Galicia, Alúmina, Emalcsa, Endesa, Iberdrola, PHG, Naturgy e Xeal, así como do persoal dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, membros de Protección Civil dos concellos afectados, e da Confederación Hidrográfica Miño Sil.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

En Galicia, actualmente hai 46 plans de emerxencia de presa aprobados. Os obxectivos que se perseguen con este tipo de plans é ter definidas as estratexias para facer fronte a situacións que comporten risco de rotura ou avaría grave, coñecer as zonas que quedarían anegadas en caso de rotura, e ter previstos os sistemas de aviso tanto á poboación, como aos organismos xestores de Emerxencias. Son plans que buscan estar o mellor preparados posible para situacións que comporten riscos nestas instalacións, e deste xeito garantir a seguridade da cidadanía da contorna.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento

Aposta pola prevención

A Xunta subliña a importancia que teñen este tipo de exercicios na mellora da coordinación efectiva entre as administracións e as empresas, así como para garantir a seguridade na zona, e manter a poboación preparada para o caso de materializarse a situación de emerxencia.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page