Unha saída de pista nos primeiros compases deixou fóra da carreira o Skoda Fabia R5
do piloto palense
Ecos da Comarca/Palas de Rei
O palense Luis Vilariño e David Míguez non tiveron a fin de semana esperada no arranque do Campionato Galego de Rallies, e é que a dupla galega non puido completar o 28º Rallye da Coruña tras sufrir unha leve saída de pista no primeiro tramo, que deixou o Skoda Fabia R5 atrancado e sen opcións a retomar a cita herculina.
Publicidade
A pesar deste abandono, o equipo puido ter unha primeira toma de contacto no shakedown celebrado o venres, onde o piloto palense puido rodar e poñer a punto o seu Skoda Fabia R5 para competir cos pneumáticos Hankook que está a utilizar esta tempada.
Publicidade
Luis Vilariño comentaba: “Foi un erro mínimo nun cruzamento, no que perdemos o control do noso vehículo, caendo ao interior da curva, onde unha fochanca deixou o noso Skoda Fabia R5 sen opción a saír de alí polos nosos medios, polo que tivemos que abandonar. É unha pena, porque tiñamos ganas de demostrar o competitivos que son os pneumáticos Hankook que utilizamos esta tempada. Aínda así, esperamos poder pelexar por un bo resultado en menos dun mes, no Rali do Cocido, onde volveremos saír con máis ilusión que nunca a pelexar polos postos de podio.”
Kommentarer