Luis Martínez subiu ao podium do XXX duatlón de Lugo no que quedou segundo da xeral
Ecos da Comarca/Monterroso
Fin de semana de gran actividade para os corredores do Run Run Monterroso coa participación en tres clásicas. Luis Martínez subiu ao podium do XXX duatlón de Lugo no que quedou segundo da xeral. A proba celebrada nas inmediación do río Miño decidiuse por uns escasos 11 segundos tras cinco quilómetros de carreira a pé, 20 quilómetros en bicicleta e 2,85 quilómetros de novo de carreira a pé. O gañador foi Esteban Basanta, recente campión de Europa de Acuatlon.

Por outra parte, cinco corredores desprazáronse ao País Vasco para correr unha clásica do panorama nacional, a 56 edición da Behobia-San Sebastián. A carreira de 20 quilómetros contou con máis de 25.000 participantes. Os corredores do Run Run Monterroso conseguiron mellorar os seus tempos na distancia destacando Marcos Barreiro e Alberto Gavieiro nos postos 362 e 364 da xeral cun tempo por baixo de 1 hora 17 minutos.
Outro grupo de oito corredores desprazouse a Ourense a desfrutar doutra clásica do calendario galego e nacional. A 44 edición da San Martiño contou ca participación de case 2.000 atletas entre as que destacou a presenza da actual subcampiona olímpica de 10.000 metros Kalkidan Gesahegne. A proba gañouna Alejandro Fernández na que foi cuarto da xeral da medalla de prata olímpica.
Comments