Ecos da Comarca/Deza
O Galaico Trail Run tivo unha fin de semana completa de carreiras. Parte dos seus deportistas participaron en dúas competecións en Galicia e outra en Asturias recollendo coma sempre bos resultados.
Así ata Pola de Somiedo, en Asturias, desprazáronse Renato Fernández, Antonio e Enrique Rojo que quixeron comezar xullo por todo o alto facendo a distancia MDS (46,8 quilómetros, acumulando 5056 de desnivel) onde os tres remataron a proba "e estamos seguros que no post carreira deixaron o pabellón ben alto", sinala o clube.
Publicidade
Ata Cuntis foron un bo número de corredores que nin a calor nin a dureza do percorrido fixeron posible que se achantaran. "Menos mal que en meta estaba agardándolles unha boa ración de callos, xeados e cervexa ben fresquiña. Noraboa a @cdmxesteiras polo seu traballo nesta IV edición".
Publicidade
E por último, tamén houbo representación do GTR na carreira de Fegadace para visibilizar o dano cerebral adquirido que tivo lugar o domingo en Lalín. En concreto, participaron Andrea Vázquez, Mario e Se Senande "para apoiar e dar visibilidade á carreira solidaria polo dano cerebral, onde todos fixeron moi bos tempos, suliñando o terceiro posto de Andrea",destaca o clube que ademais, resalta que despois están os que non competiron "pero seguen adestrando como leóns".
Comments