Festivos locais de 2024 dos concellos das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa
- Laura Moure
- 4 nov 2023
- 2 Min. de lectura
Laura Moure/Xeral

O Diario Oficial de Galicia (DOGA) publicou este xoves, 2 de novembro, a RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das festas laborais de carácter local para o ano 2024, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia. Aquí publicamos os relativos a cada concello das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa.
COMARCA DE ARZÚA:
ARZÚA: 24 de xuño, festa de San Xoán, 16 de xullo, festa local de Arzúa.
BOIMORTO: 13 de febreiro, Martes de Entroido, 2 de setembro, festa do Rosario.
O PINO: 9 de maio, Ascensión do Señor, 22 de xullo, Santa María Magdalena.
TOURO: 13 de febreiro, Martes de Entroido, 1 de abril, Luns de Pascua.
COMARCA DE DEZA:
AGOLADA:13 de febreiro, Martes de Entroido, e 24 de xuño, Día de San Xoán.
DOZÓN: 22 de xullo, Luns da Virxe do Carme, 2 de setembro, Luns da Pena de Francia.
LALÍN: 23 de setembro, festas patronais Virxe das Dores, 24 de setembro, festas patronais das Virxe das Dores.
RODEIRO: 10 de xuño, Santo Antonio, 24 de xuño, San Xoán.
SILLEDA: 26 de agosto, festa da Empanada da Bandeira, 19 de setembro, festa da Saleta.
VILA DE CRUCES: 12 de agosto, festividade da Nosa Señora da Piedade, 13 de agosto, festividade da Nosa Señora da Piedade.
Publicidade
COMARCA TERRA DE MELIDE:
MELIDE: 1 de abril, Luns de Pascua, 16 de xullo, día do Carme.
SANTISO: 13 de xuño, festa de Santo Antonio, 24 de xuño, festa de San Xoán.
SOBRADO DOS MONXES: 13 de febreiro, Martes de Entroido, 24 de xuño, festa de San Xoán.
TOQUES:15 de maio, día de San Cidre, 2 de setembro, día de San Antolín.
COMARCA DA ULLOA:
ANTAS DE ULLA: 13 de febreiro, Martes de Entroido, 24 de xuño, San Xoán.
MONTERROSO: 13 de febreiro, Martes de Entroido, 10 de xullo, San Cristovo
PALAS DE REI: 13 de febreiro, Martes de Entroido, 13 de setembro, Ecce-Hommo
Publicidade

Agora se falamos en xeral, dos festivos de 2024 na comunidade galega son os seguintes:
1 de xaneiro (Ano Novo)
6 de xaneiro (Día de Reis)
28 de marzo (Xoves Santo)
29 de marzo (Venres Santo)
1 de maio (Día do Traballador)
17 de maio (Día das Letras Galegas)
25 de xullo (Día Nacional de Galicia)
15 de agosto (Día da Asunción)
12 de outubro (Virxe do Pilar)
1 de novembro (Día de Todos os Santos)
6 de decembro (Día da Constitución)
25 de decembro (Nadal)
Comments