top of page

Ferrovial, proposta como adxudicataria do contrato de servizos enerxéticos e mantemento do alumeado

A Comisión Especial Informativa de Medio Ambiente, Servizos e Industria, dictaminou a proposta, por un importe de 599.519,61 euros anuais durante 14 anos en Silleda


Laura Moure/Silleda

A Comisión Especial Informativa de Medio Ambiente, Servizos e Industria celebrou onte unha sesión no Concello de Silleda para emitir o dictame sobre a proposta de adxudicación do contrato mixto de sevizos enerxéticos e mantemento integral do alumeado público no municipio. Ao proceso, iniciado hai máis de 3 anos, presentáronse dúas empresas, resultando Ferrovial proposta como adxudicataria do citado contrato, por un prezo de 599.519 euros anuais, por un periodo de 14 anos. Na comisión, a proposta quedou dictaminada con 3 votos a favor do goberno municipal, 2 abstencións do PP e 1 voto en contra do BNG.

ree

O procedemento administrativo, un dos máis complexos dos que se levan tramitado na entidade local, non remata aquí, quedando por diante aínda diversos acordos os órganos correspondentes (xunta de goberno local, mesa de contratación, comisión informativa e órgano de contratación).


Este contrato mixto, de obras e subministro, suxeito a regulación harmonizada, xa foi debatido no seu día no Pleno da Corporación. O procedemento comezou ca elaboración dunha auditoría e a contratación de asesoramento técnico para desenvolver un dos procesos máis complexos dos que se teñen levado a cabo ata hoxe no Concello de

Silleda.

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O contrato publicouse tanto na Plataforma de Contratación do Estado como no Diario Oficial da Unión Europea. Inclúe entre outros a renovación de todo o alumeado público do

municipio de Silleda a LED, nun prazo máximo de 1 ano.


Ademais da mellora que suporá a substitución de todas as luminarias, tamén implicará un aforro para as arcas municipais. Tamén se cambiarán cuadros e se reporán tramos de cableados en zonas onde están máis deterioradas. Así mesmo, todas as averías serán centralizadas de forma telemática e deberán de estar solucionadas nun prazo máximo de 3 días.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page