top of page

Feridos tras unha saída de vía en Boimorto

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Boimorto

Esta madrugada produciuse un accidente de tráfico no concello de Boimorto que se saldou con feridos. O 112 Galicia foi alertado por un particular uns minutos antes das 4:30 horas.

Foto de arquivo.

"Na chamada este particular alertábanos de que había feridos, en principio de carácter levs", sinala o 112. O suceso ocorreu na estrada AC-840 á altura do quilómetro 38 na parroquia de Dormeá.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Con estes datos, deuse aviso a Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Arzúa. "Xa no lugar Tráfico indicounos que había cables soltos no lugar e despois os Bombeiros de Arzúa xa nos informou que se trataba de cables dunha farola de luz pública", puntualiza o 112.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page