Feridos nunha saída de vía en Boimorto
- ecosdacomarca
- 19 jun 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Boimorto
Este luns rexistrouse un accidente no municipio de Boimorto que se saldou con feridos. O 112 Galicia foi alertado ás 14:25 horas.

"Tratouse dunha saída de vía dun coche na estrada AC-840 no quilómetro 36, á altura das Corredoiras", informa o 112 Galicia. "Foi un particular o que nos avisou de que había un accidente e que as persoas que viaxaban no vehículo precisaban asistencia sanitaria por contusións, pero que non estaban atrapadas".
Con estes datos, o 112 Galicia deu aviso a Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil de Boimorto, aos Bombeiros de Arzúa e ao Servizo de Mantemento da Estrada.
Comentarios