Feridos leves nunha colisión entre un autobús e unha furgoneta no municipio de Lalín
- ecosdacomarca

- 30 nov 2022
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Lalín

Esta mañá rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Lalín. No mesmo víronse implicados dous vehículos, un autobús escolar, no que só viaxaba o condutor, e unha furgoneta, tal e como informa o 112 Galicia.
O sinistro tivo lugar sobre as 7:30 horas deste mércores na N-640 á altura da parroquia lalinense de Goiás. Tal e como informa o 112 Galicia, saldouse con dous feridos leves que viaxaban na furgoneta.
O 112 Galicia mobilizou á Garda Civil, a Emerxencias Lalín e ao Servizo de Mantemento de Estradas.







Comentarios