Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Un home resultou ferido tras sufrir unha saída de vía á altura da parroquia cruceña de Camanzo minutos despois das 19:00 horas, momento no que se alertou ao 112 Galicia.
Por causas que se descoñecen a furgoneta na que se viaxaba acabou empotrándose contra a porta dun garaxe dunha casa. Ao lugar desprazáronse membros de Protección Civil de Vila de Cruces, axentes da Garda Civil e unha ambulancia do 061 para trasladado ao centro hospitalario de referencia.

Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.
Autor: Ecos da Comarca.
Comentários