Ecos da Comarca/O Pino
Esta tarde produciuse un accidente no municipio do Pino. Tal e como informa o 112 Galicia o suceso ocorreu uns minutos antes das catro da tarde na parroquia de Cebreiro, preto da entrada da mina de Touro.

O vehículo afectado foi un camión, que segundo o 112 Galicia transportaba plástico. "Quedouse sen frenos e o condutor levou un golpe na cara", indica o 112.
Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias, axentes da Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Touro.
Comments