top of page

Ferida grave unha muller despois de bater co seu vehículo contra unha árbore en Chantada

Ecos da Comarca/Xeral

Asisten a unha muller despois de bater co seu vehículo contra unha árbore en Chantada, tal e como informa o 112 Galicia.

O persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi quen, sobre as 11:15 horas, comunicou o accidente ao 112 Galicia. Os profesionais sanitarios aseguraban que a persoa estaba totalmente liberada e accesible, pero, sen embargo, indicaban que o seu estado era grave.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O accidente ocorreu cando o vehículo circulaba pola LUP-1803, quilómetro 20, en Vilaúxe.

O 112 Galicia nada mais ter constancia do accidente pasou aviso aos Bombeiros de Chantada, aos axentes de Tráfico, da Policía Local e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.




Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page