Ferida a condutora dun vehículo en Melide tras colisionar cun camión
- ecosdacomarca

- 25 ago 2022
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Esta tarde produciuse un accidente en Melide no que se viron implicados dous vehículos. O suceso ocorreu na Ronda de Pontevedra da localidade melidense sobre as 17:15 horas.

Foi Urxencias Sanitarias o que avisou ao 112 Galicia. Tal e como indica o 112, o vehículo colisionou contra un camión que estaba estacionado. "Indicáronos que unha parte do vehículo quedara por debaixo do camión polo que avisamos aos bombeiros, pero finalmente a persoa non estaba atrapada polo que non tiveron que intervir", explica o 112.
Sen embargo, a condutora do coche tivo que ser trasladada por Urxencias Sanitarias. O 112 tamén avisou á Policía Local e a Protección Civil.






Comentarios