top of page
Foto del escritorecosdacomarca

Femupo reafirma o seu compromiso para erradicar a violencia de xénero

Alertan dun probable aumento dos casos durante as vacacións de verán


Ecos da Comarca/Xeral

Historicamente, no verán prodúcese un aumento nos casos de violencia de xénero. Segundo un informe realizado polo Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII, 2021) que analizaba datos de entre 2003 e 2017, os meses de verán, xullo e agosto, son nos que se cometen máis asasinatos machistas .


Segundo datos do Ministerio de Igualdade de España, no verán de 2022, houbo un incremento do 20% no número de chamadas ao teléfono de atención a vítimas de violencia de xénero (016) en comparación co mesmo período de 2021. Este aumento indica que moitas vítimas poden ter dificultades para buscar axuda durante as vacacións, cando están máis illadas ou non dispoñen de acceso aos seus recursos habituais.

Cando miramos atrás na última década, os datos son alarmantes. Segundo o Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, no verán de 2010, rexistráronse 1.200 chamadas ao 016. No verán de 2020, esta cifra aumentou a máis de 3.500. Este aumento non só mostra unha crecente conciencia social e confianza para denunciar estes actos, senón tamén unha persistente e inquietante necesidade de intervención e cambio.


Publicidade


Desde a A Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra (Femupo), consideran que é esencial falar sobre isto, non só para poñer en relevo o problema, senón tamén para impulsar accións efectivas que axuden a erradicar este grave mal social.


“Este verán, non permitamos que a violencia de xénero sexa a cara oculta das nosas vacacións. Actuemos con responsabilidade e solidariedade, apoiando ás vítimas e traballando para cambiar esta realidade.”, sinala a presidenta de Femupo, Raquel Touriño.

Esta federación naceu co obxectivo de empoderar ás mulleres, fomentar a igualdade e erradicar todas as formas de violencia de xénero.


Publicidade

Desde o seu comezo en 2019, ten desenvolvido unha serie de actividades que promoven unha sociedade máis xusta e igualitaria, desde programas de formación para as mulleres ata a prestación de servizos de apoio psicolóxico e xurídico para as vítimas da violencia de xénero. Así como servizos para empresas e Anpas centrados na realización de plans de igualdade e protocolos de acoso laboral.


“Traballamos incansablemente para apoiar e defender as mulleres vítimas de violencia de xénero e os seus fillos. A nosa labor é, sen dúbida, unha peza fundamental na loita contra esta forma intolerable de violencia”, afirma Touriño.

Por iso, desde esta entidade queren lembrar a importancia de facer uso dos seus servizos e recursos, de denunciar calquera forma de violencia ou discriminación, e de apoiar as vítimas destes actos atroces. “Este verán, máis que nunca, queremos que a violencia de xénero sexa un tema do pasado, e que a igualdade e o respecto sexan o noso presente e futuro.”, engade a presidenta de Femupo.






0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page