top of page
Foto del escritorIsmaelRS

FEIRA DA GOUXA, este sábado 11 de setembro en Dozón

O Concello dinamiza a Feira coas actuacións da Banda da Balbina e Pepo Suevos


IsmaelRS/Dozón/ACTUALIZACIÓN 19:00 HORAS

O Concello de Dozón impulsará a Feira da Gouxa deste sábado 11 de setembro coa programación de dúas actividades de dinamización musical e humorística que pretenden complementar ao tradicional xantar.


A primeira das actuacións, que está prevista para as 13.00 horas e que terá unha duración de máis dunha hora, será protagonizada polo grupo musical A Banda da Balbina. Esta formación, nacida no ano 2008 e que conta no seu haber con premios como o “Martín Códax” da música galega, caracterízase polos seus ritmos festeiros e unha retranca propia do país, mesturando ritmos e melodías coa musicalidade da lingua galega e tendo moi presente a temática da muller como fío condutor de todas as súas historias.


Para amenizar a sobremesa tamén está programada unha actuación do monologuista Pepo Suevos que finalmente, como indicou o Concello pola tarde adiantarase ás 16:00 horas. Para a organización de ambas actividades o Concello de Dozón contou coa colaboración da Xunta de Galicia, o Xacobeo 2021-22 e Gadis.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page